Burela, 8 de xuño de 2013. O Ministerio de Fomento acondicionará nas vindeiras semanas a vía de servizo da variante de Burela, comprendida entre a raqueta do hospital e o límite co concello de Foz. Así o anunciaba no día de hoxe o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.
O rexedor explicou que “nas próximas semanas o Ministerio de Fomento a través da Xefatura Provincial de Carreteras en Lugo vai proceder ao acondicionamento da vía de servizo da variante de Burela, comprendida entre a raqueta do hospital e o límite do concello de Foz”.
González Barcia dixo que “o acondicionamento desta vía de servizo, que ten unha lonxitude de aproximadamente 1.420 metros, vai consistir fundamentalmente en dúas cuestións: por un lado, limpeza e podado das árbores que a circundan; e por outro lado, aglomerado da mesma. Co cal vai quedar en perfecto estado de uso”.
O alcalde burelés indicou que “esta actuación, que vai ser pagada integramente polo Ministerio de Fomento, é o a paso previo para a cesión definitiva ao Concello de Burela desta vía de servizo, xunto coa que vai desde a raqueta do hospital aos depósitos de auga de O Torno”.
José Mª González Barcia lembrou que “o Concello de Burela adoptou o acordo de solicitar a cesión destas dúas vías de servizo hai algo máis dun ano ao entender que deste xeito se facilita de forma considerable a redacción do plan xeral de ordenación municipal”.
E engadiu que “cando esta actuación remate as dúas vías de servizo quedarán en case perfecto estado de uso, porque a que vai desde a raqueta do hospital aos depósitos de auga do Torno atópase en moi bo estado. E na outra hai un primeiro tramo que está perfectamente acondicionado pero o segundo, que é moito máis longo, atópase nun estado deficiente. No acordo de solicitude de cesión da vía de servizo xa se facía constar de forma expresa que se recibiría previo acondicionamento da mesma por parte do Ministerio de Fomento”.
“Para nosoutros evidentemente é unha satisfacción poder realizar esta obra. Esta vía de servizo é moi usada polos veciños que teñen montes nas súas inmediacións e significa un paso adiante de forma importante para a consolidación da rede viaria municipal de carácter rural”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



