Santiago, 5 de xuño de 2013.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular pola que se insta á Xunta de Galicia a impulsar o turismo mariñeiro como oportunidade económica e de emprego. O voceiro do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, defendeu na Comisión de Pesca e Marisqueo que tivo lugar hoxe na Cámara galega que Galicia dispón dun referente turístico de primeira orde, ligado aos seus 1.400 quilómetros de costa e a unha historia vinculada ao mar e aos oficios marítimo-pesqueiros.
A proposición non de lei tamén establece o camiño a seguir neste ámbito que, segundo o acordo proposto, pasa pola potenciación de tres aspectos: Primeiro, a posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais do mar en Galicia, segundo, a integración da pesca deportiva en compatibilidade coa actividade extractiva profesional; e, finalmente, a potenciación das actividades náuticas.
A iniciativa establece que a potenciación do turismo mariñeiro sexa unha competencia transversal, coordinada e impulsada nunha mesma dirección por distintos departamentos da Xunta. Para elo pide a creación dunha comisión mixta que se integre de forma activa na redacción e posterior execución desta plan de potenciación do turismo mariñeiro e na que, polo menos, participen: a Secretaría Xeral de Deportes, a Secretaría Xeral de Turismo e os departamentos que correspondan dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar (entre eles Portos de Galicia)
EFECTIVO NA LOITA CONTRA A CRISE
José Manuel Balseiro defende que resulta imprescindible aproveitar todo o potencial que para o turismo ten o mar, desenvolvendo a súa faceta cultural e etnográfica e potenciando a visión do medio mariño como punto de desenvolvemento de actividades de lecer e, de xeito especial agora que, a situación de crise obriga exixe dos poderes públicos a adopción de medidas efectivas e eficientes que coadxuven a paliar os seus efectos e a reducir o desemprego.
Balseiro lamentou que as forzas da oposición non tiveran a responsabilidade de apoiar esta iniciativa, baseándose non no rexeitamento da proposta senón na autoría do Grupo Popular e lembrou que deste xeito PSOE, AGE e BNG volven a dar as costas a unha demanda que contou co apoio do propio sector.
De feito o portavoz popular lembrou que a proposición non de lei foi presentada e tivo moi boa acollida ante representantes dos principais axentes do sector pesqueiro. Concretamente nunha xuntanza con patróns maiores das confrarías de pescadores lucenses e representantes das directivas dos principais Clubs Náuticos da Mariña, que puideron realizar as súas achegas e suxestións para o impulso do turismo mariñeiro, cada quen no seu ámbito de influencia.



















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



