Unha representación de 40 alcaldes, alcaldesas, voceiros e voceiras do PSdeG na provincia de Lugo, encabezada polo presidente da Deputación e secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, presentaron esta mañá na sede do partido o manifesto ‘Non somos cidadáns de segunda’, no que reclaman os servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para o HULA, ademais dunha sanidade pública de calidade na provincia. O documento, que asinan todos os cargos e voceiros socialistas, será introducido no rexistro da Xunta “para coñecemento do seu presidente, e para que as reclamacións multitudinarias dos e das profesionais da sanidade e dos veciños e veciñas de Lugo sexan tratadas como o que deben ser: unha prioridade para o Goberno galego”, segundo anunciou Gómez Besteiro.
O secretario xeral dos socialistas en Lugo leu o manifesto, que incide nunha asistencia “adecuada e eficaz” e que sexa “igualitaria con respecto a outras provincias galegas” para que “Galicia deixe de ter dúas velocidades”. Gómez Besteiro apelou á “vontade política” dos responsables da Xunta para cumprir coas dotacións que Lugo precisa. Moitas delas, lembrou, xa comprometidas co anterior goberno autonómico. Para isto, pediu que a Xunta actúe “por riba de motivos ideolóxicos, por diante de criterios de calculadora e coa mirada autónoma e independente que debe ter o Goberno de Galicia” que, afirmou, “nun problema destas características non pode escudarse en decisións tomadas desde Madrid nin en Consellos Interterritoriais, senón na realidade e as necesidades propias da poboación”.
O socialista incidiu na esixencia de Hemodinámica as 24 horas no HULA. “Non podemos permitir que o tempo de atención medio para realizar un cateterismo en caso de infarto sexa de case 180 minutos para os e as lucenses, cando os expertos din que despois de 120 minutos os danos poden ser irreversibles e o risco de morte é ata do triple”, afirmou. Tamén destacou a necesidade da Radioterapia. “Non podemos consentir que 600 lucenses teñan que trasladarse cada ano a outra provincia para recibir o seu tratamento contra o cancro nunhas condicións que afectan ao enfermo e aos seus familiares”, dixo. En canto á Medicina Nuclear, asegurou que “un hospital de referencia non pode quedar atrás na diagnose de enfermedades e non debe renunciar a darlle seguridade e unha atención de calidade aos veciños e veciñas”.
Área integrada e melloras nos hospitais
No manifesto asinado hoxe, os socialistas lembran ademais que estarán “vixiantes tras os pasos dados” coa xestión integrada única. “Non a compartimos, por supoñer a eliminación da independencia e a autonomía orzamentaria das áreas da Mariña e Lemos, e por abrir a porta da privatización e a centralización de servizos co progresivo abandono das zonas rurais”, din. Asimesmo, destacan “os compromisos incumpridos por parte da Xunta de Galicia en materia de sanidade na provincia, como a dotación dos edificios do antigo Hospital Xeral ou as melloras e investimentos nos hospitais comarcais de Burela e Monforte”.
Manifestación do xoves
Pola súa banda o alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco, que falou en nome dos alcaldes e voceiros, destacou que os e as lucenses “teñen os mesmos dereitos e deberes que o resto de Galicia e España, e non son de segunda”, polo que lanzou unha mensaxe aos dirixentes do PP: “A Lugo hai que vir cando hai necesidades, e non só para recoller os votos”, dixo, antes de “animar a todos e todas a estar na manifestación vecinal” deste xoves día 6, xa que teñen dereito a “esixir o que é de xustiza”.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



