Ribadeo, 29 de xuño de 2013. A vila ribadense acollerá o 5 de xullo, venres, unha nova edición da iniciativa denominada Ribadeo aberto, que nesta ocasión ten o lema Paseo entre desexos. Nas actividades participarán preto de 50 establecementos, que abrirán ata as doce da noite e ofrecerán descontos, promocións, regalos, sorteos e sorpresas. Ademais haberá actuacións musicais e un desfile de moda na rúa Reinante.
Os actos empezarán ás sete e media da tarde cunha exhibición dos Cocos no parque de San Francisco e no Cantón dos Moreno. Ás oito da tarde empezará o desfile de moda, que se celebrará na rúa Reinante coa colaboración de Saia, Anais, Siete Pecados, Mika, Petite Toe, Chocolate Chus, Lencería Julia, Farfala, Petite Poupée, A Flote, Bora Bora, Imagn 365, Eurekakids, Glass e Opticalia. Será presentado polo locutor radiofónico da Cadena Ser e speaker do Breogán de Lugo José Areñas. Ás nove e media desfilarán os Cocos polas rúas e as dez da noite haberá unha actuación do grupo de danza Rúa San Roque no Cine Teatro para rematar cun pasatendas a cargo dos grupos musicais Illa Pancha e Amigos da Gaita.
Os establecementos que ofrecerán promocións, descontos, regalos, sorteos e sorpresas para os clientes son A Flote, Anais, Bar Queimada, Bodegas Ribeirao, Bora Bora, Botana, Chocolate Chus, David Oroza, Deportes O´Neal, D Complearte, Dúo Visión, Eurerakids, Farfala, Global Óptica-Opticalia, La Floristería, Foto Miguel, Gráficas Santiago-A Casa das Letras, Güendolina, Hola Ola Surf y Street Shop, Joyería Azabache, Joyería Cristal, Joyería Modesto G, Joyería Ventura, Imagn 365, La Moda Sport, Lencería Julia, Menos Lobos, Mercería Vizcaya, Miss-Tic, Mika Moda y Complementos, Naná, Petite Toe, Petite Poupée, Saia, Saia Oulet, Servicios Audiovisuales El Farero, Siete Pecados Clothes & Accessories, Torviso, PC Coste Ribadeo, Calzados La Moda, La Moda Básico, Valentina, Otzi e Óptica Miró.
Ribadeo aberto é unha iniciativa de Acisa e o Centro Comercial Aberto ribadense coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia. Desde a directiva de ACISA amósanse satisfeitos “da acollida que está a ter esta nova edición do Ribadeo aberto, porque cada vez son máis as firmas que queren estar presentes ese día, con ofertas, promocións, sorteos, festas”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



