O hotel Vila do Val continúa cos “montaditos” que ofrece os venres e sábados deste mes de xuño a un prezo de 2 euros a unidade. A proposta para esta fin de semana do 14 e 15 de xuño consta de tortilla española, pan con tomate, anchoa con mozzarella fresca, ensaladiña rusa e chourizo ó queixo. Ademais, continúan celebrándose as cuartas xornadas do bacallau de venres a domingo durante todo o mes. Os que se acheguen ó hotel Vila do Val poderán degustar varias preparacións: bacallau Vila do Val, bacallau en salsa de ourizos e bacallau en salsa mariñeira con ameixas e lagostinos. O menú inclúe de entrante bocadiños de grelos, un prato de bacallau a escoller entre as tres propostas, sobremesa caseira, auga, pan e café. O prezo é de 18 euros por comensal e o teléfono para as reservas, 982 57 16 53.
Vila do Val continúa coas Xornadas do bacallau
Vila do Val continúa coas Xornadas do bacallau
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón