O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou hoxe que a Xunta de Goberno vén de aprobar o inicio do proceso de adxudicación da conservación da rede viaria provincial para o que resta de 2013 e para todo o ano 2014 por valor de 3,4 millóns de euros. Martínez salientou que “con estas actuacións, este Goberno Provincial fai un novo gran esforzo económico para garantir, dentro das nosas posibilidades, o mantemento da que é a rede provincial máis extensa de España. Temos case 4.200 quilómetros de vías baixo a nosa responsabilidade mentres a Xunta de Galicia, cun orzamento máis de 100 veces superior ó da Deputación, ten 5.500 quilómetros. Nembargantes, isto a Feijóo dálle exactamente igual, sendo unha nova mostra de discriminación ós lucenses, xa que, dende que chegou ó Goberno galego, mantén bloqueado o proceso de transferencia de viais”
O Deputado engadiu que “durante máis de 24 anos, o Partido Popular mantivo desatendida a rede viaria provincial, deixándoa nun estado tercermundista, e agora adícanse a mentir e criticar o seu estado. Por exemplo, estes días solicitaron a mellora da vía da Fonsagrada a Navia, unhas actuacións que o PP prometeu facer co plan dos 50 millóns de euros, cando non tiñan nin cartos nin terreos, polo que nunca executou. Polo contra, este Goberno Provincial ten o presuposto necesario, estando á espera de que a Xunta, concretamente o Xurado de Expropiacións, resolva este proceso para poder iniciar estes traballo. Outro exemplo, a estrada de Burgo a Palas de Rei, obxecto de críticas dos populares. Tamén neste caso, o PP prometeu estes trabalos, co plan dos 50 millóns de euros, pero non os executou. Nós levamos anos esperando a que a Xunta, concretamente a Consellería de Cultura, aprobe o proxecto, tras presentarlle 3 diferentes que nunca lle valeron. Non somos iguais. A diferencia do que fai o PP, nós nos eludimos as nosas responsabilidades. Por este motivo, no Orzamento deste ano xa achegamos 5,5 millóns de euros para a mellora das vías provinciais, presuposto ó que se engade agora estes outros 3,4 millóns de euros”.
Neste senso, sobre o “esforzo inversor nas estradas provinciais”, Martínez avanzou que se están executando o Plan de Rebacheo en vías de 19 Concellos tras concluír cos estes traballos noutros 23 municipio, ó tempo que lembrou a execución do primeiro plan de sinalización de toda a rede viaria provincial, con máis de 2 millóns de euros, ou o acondicionamento con aglomerado en quente de 1.000 quilómetros, “algo nunca visto co PP”
Presuposto por zonas
A Deputación mantén distribuída a rede viaria provincial en 8 zonas, cando anteriormente existía 13 zonas, acadando un servizo máis centralizado e, polo tanto, unha atención máis eficaz. Por este motivo, a contratación da conservación distribúese do seguinte xeito, sendo maior os recursos para as zonas que, polas condicións climatolóxicas, requiren máis atención:
– Zona 1: 408.980 euros para a conservación dos 530 quilómetros de estradas provinciais nos Concellos de O Vicedo, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.
– Zona 2: 416.845 euros para a conservación dos 618 quilómetros de estradas provinciais no Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova.
– Zona 3: 423.258 euros para os 668 quilómetros de estradas provinciais en Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
– Zona 4: 418.055 euros para os 680 quilómetros de estradas provinciais en Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela.
– Zona 5: 421.685 euros para os 332 quilómetros de estradas provinciais en Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 6: 421.080 euros para os 334 quilómetros de estradas provinciais en Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 7: 406.560 euros para os 313 quilómetros de estradas provinciais en Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
– Zona 8: 422.895 euros para os 738 quilómetros de estradas provinciais en Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.
Obras en Riotorto
A sesión acordou iniciar o proceso de contratación das obras pendentes de executar na estrada do Marco de Álvare ás Rodrigas, no Concello de Riotorto, achegando, para elo, 576.000 euros. Martínez subliñou que “este orzamento, xunto ás case 200 fincas expropiadas, garante o remate destas actuacións. Este Goberno Provincial cumpre coa palabra dada ós veciños a diferencia do que fai o PP, que prometeu realizar estas obras, cando non tiña cartos nin terreos, enmarcándoas no famoso plan dos 50 millóns de euros. O PP debe pedir desculpas ós cidadáns e a esta institución polas mentiras e calumnias que realizou ó respecto destas obras na CP 5501: primeiro, enganou ós cidadáns prometendo estes traballos que nunca fixo; logo, debido á paralización temporal destas actuacións polos problemas económicos da anterior adxudicataria que está en concurso de acredores, voltou a mentir ós veciños, asegurándolles que este Goberno Provincial non ía a facer estes traballos; e despois, calumniou a esta institución, dicindo que permitira un desfase nestas obras de 190.000 euros, empregando borradores técnicos que atopou nas papeleiras ou mesas da Deputación, cando a documentación oficial, procedente da liquidación destas actuacións, concluíu que existía un saldo a favor do organismo provincial de 37.000 euros. Queda desmontada a campaña de difamación e de panfletos do PP sobre estas obras en Riotorto”.
Outros acordos
O voceiro adiantou que a Deputación porá en marcha, unha vez máis, o Barco Muralla de Lugo para que esta aula móbil medioambiental promocione os recursos naturais lucenses en destacadas citas da provincia durante a época estival (feiras, festas gastronómicas ou festivais), aproveitando a visita de centos de cidadáns e xerando riqueza. A Xunta de Goberno contratou estas actuacións, enmarcadas no proxecto medioambiental Lug02 e dotadas de 57.600 euros, cofinanciadas nun 80% pola Unión Europea. Tamén se acordaron as contas xustificativas de 2 obras do Plan de Comunidades Veciñais, executadas en núcleos rurais de Sarria e O Valadouro, “coas que dotamos de novas prestacións ós veciños e aforramos 11.700 euros a ditos Concellos, ó asumir a totalidades dos custes”. A sesión deu conta da aprobación dunha subvención da Consellería de Traballo, por valor de 36.600 euros, para a celebración da acción formativa “Auxiliar de Enfermería en Xeriatría”, dirixida a desempregados lucenses. O organismo provincial segue á espera de que o Goberno galego resolva a solicitude de 16 cursos, que a institución luguesa quere celebrar nas 13 Comarcas lucenses, para a inserción laboral de 250 lucenses nos chamados empregos brancos (xeriatría, enfermería, nutrición, celador..). Neste senso, a sesión tamén aprobou concorrer ás axudas que convocou a Xunta o pasado 16 de maio para a celebración de obradoiros de emprego na rama Sanitaria e de Servizos Socioculturais.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



