Ribadeo, 14 de xuño de 2013.- A Axencia Turismo de Galicia diversifica a oferta turística da Mariña cunha nova ruta en tren que amosa aos visitantes a vila de Ribadeo e o faro de Illa Pancha.
A iniciativa, que foi presentada esta mañá pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, é froito dun convenio entre a Xunta de Galicia e Renfe que inclúe outras vantaxes para os turistas que visiten a provincia.
Así, Arias explicou a posta en marcha do bono Rail Pass, para peregrinos ou usuarios do ferrocarril, que permitirá utilizar a rede de tren durante dez días dentro do territorio da comunidade autónoma cunha tarifa plana de 49 euros por adulto e 9 por neno.
Polo que respecta ao tren turístico Ruta dos Faros, percorrerá toda a costa norte galega dende Ferrol a Ribadeo, e ven a sumarse á oferta do Rail Pass e á ruta habitual do Transcantábrico.
Raquel Arias destacou “a innovación” desta proposta e incidiu na aposta do Goberno galego por “deseñar unha estratexia para multiplicar o noso potencial turístico, presentando unha oferta diversificada a partir de aquilo que nos singulariza”.
O tren Ruta dos Faros, informou a delegada, permitirá aos turistas que elixan esta forma diferente de viaxar “visitar os acantilados máis espectaculares da nosa costa, disfrutando, en todo momento, de fermosas panorámicas”. Acompañados dun guía especializado coñecerán algúns dos emprazamentos máis característicos da nosa costa, “entre eles a magnífica praia das Catedrais”.
Este servizo recorrerá A Mariña entre o 22 de xuño e o 15 de setembro. Contempla dúas opcións de viaxe, segundo o punto de partida e de regreso xea o propio Ribadeo ou ben sexa Ferrol –facendo igualmente parada en Ribadeo e dando opcións aos pasaxeiros a pernoctar na Mariña-.
Os percorridos catro posibilidades durante os dous días. Os sábados haberá unha ruta longa entre Ferrol-Ribadeo-Ferrol (40 euros por adulto e 10 por nenos) e unha ruta curta entre Ferrol-O Barqueiro-Ferrol (35 euros por adulto e dez por neno). Os domingos, cos mesmos prezos, haberá unha ruta larga entre Ribadeo-Cerdido-Ribadeo e unha ruta curta entre Ribadeo-Ortigueira-Ribadeo.
Neste sentido o tren dos Faros de Galicia visitará o faro de Illa Pancha, para elo o tren chegará á estación de Ribadeo ás 17.20 horas, trasladando ós turistas en autobús ata o faro que se visita.
Estas rutas, apuntou Arias, “inclúen o servizo de guía especializado durante todo o percorrido, que axudará a coñecer e comprender as paisaxes e a historia dos lugares que se recorren”. No caso de Ribadeo, acompañará aos turistas ao faro de Illa Pancha e á praia das Catedrais.
Arias sinalou tamén que este ano visitará Galicia o tren de luxo Al-Andalus que fará un percorrido por Galicia de tres días no que tamén se inclúe a nosa provincia. O tren, composto de material restaurado preservando o estilo belle epoque dos vehículos orixinais do ano 1920, ten unha capacidade máxima de 64 viaxeiros distribuídos en 12 suites estándar e 20 suites superior.
No acto de presentación da nova ruta turística, Arias estivo acompañada polo presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente Parga, e o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



