Máis de 300 persoas reuníronse este sábado na ruta de senderismo de Burela de Pasada das Cabras, unha actividade que conmemora o Día do Socio e que incluiu dúas alternativas: as dúas recorren os paseos ata A Marosa e O Cantiño e unha, máis esixente, inclúe a subida ó Monte Castelo. Participaron asociacións asturianas e galegas como: do Val de de Lourenzá, A.D. Xove, Os Sendeiros de Foz, Peña Furada de Navia e a Sociedade Micolóxica Lucus, entre outras. Para finalizar realizon unha comida de irmandade na Praza da Mariña a base de xamón cocido, empanada e bolo preñado, todo amenizado polo bo facer musical de Juan de Ferreira, para finalizar coa tradicional queimada.
