A comisión das Festas do Carme deu a coñecer hoxe o cartel e o programa dos actos preparados para esta cita festiva. Unha celebración que arrincará o 10 de xullo e rematará o día 21. Ao mesmo tempo cabe destacar unha das novidades do programa, como é o Mercado Pirata, que se celebrará na Praza dos Campos do 19 ao 21 de xullo durante todo o día. Un evento ao que acudirán vendedores de distintos puntos de Galicia e de España que xuntos conformarán un mercado cunha ampla oferta de produtos e ambientado na época dos piratas.
En canto ao resto do programa, a comisión de festas destaca a “variedade das actividades” explica o presidente, José Ramón Soto, “motivada polo desexo desta comisión de ofrecer actos atractivos para todos os públicos”. Deste xeito, están previstas actuacións de teatro dos grupos locais O Bordelo e Ardora, un espectáculo itinerante de cabaret, o día da bicicleta, pasarrúas, actuacións de corais, sesións vermú e verbenas a cargo de varias orquestras, as tradicionais misas, a ofrenda floral, a procesión ou a confección da alfombra floral na honra da Virxe do Carme.
Ao mesmo tempo, tamén hai actividades de animación infantil específicas para os máis pequenos, onde haberá obradoiros de globoflexia e xogos populares entre outras actividades e que se sucederán durante varios días, especialmente o 17 de xullo, que está dedicado ao público infantil. Ademais, os pequenos serán os encargados de abrir de forma oficial as Festas do Carme xa que o Grupo Infantil de Teatro de San Ciprián ofrecerá o pregón.
A mocidade tamén terá os seus propios eventos, como son o Día da Xuventude, o 13 de xullo, no que se disporá dunha discoteca móbil na praza dos Campos. Para eles está deseñado tamén o I Concurso de Talentos, no que poden participar os mozos de 12 a 30 anos amosando as súas habilidades artísticas en calquera disciplina.
“A nosa intención era confeccionar un programa acorde á situación actual e con actos e actividades que buscan a participación e a implicación da poboación e dos visitantes” remata Soto.
PROGRAMA DE FESTAS
| 10 DE XULLO | 21:00 Horas.- Actuación do Grupo de Teatro “O BORDELO” de Cervo, no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. Patrocinado polo Concello de Cervo |
| 11 DE XULLO | 21:00 Horas.- Actuación do Grupo de Teatro “ARDORA” de San Ciprián, no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. Patrocinado polo Concello de Cervo |
| 12 DE XULLO | 21:00 horas.-1º fase do CONCURSO DE TALENTOS organizado pola delegación de Xuventude do Concello de Cervo. |
| 13 DE XULLO | 13:00 horas: Pasarrúas a cargo de Gaiteiros de San Ciprián.
Día da XUVENTUDE : A partir as 23:00 horas Discoteca Móbil DECIBELIOS`S EVENTOS na praza dos Campos.
|
| 14 DE XULLO |
-TARDE DE CORAIS: 20:00 horas: no Auditorio da Casa da Cultura.
|
| 15 DE XULLO | 14:00 SESIÓN VERMÚ AMENIZADA POLA ORQUESTA DELIRIO 16:00 horas: Confección da “Alfombra Floral” na honra da Virxe do Carme, na Praza do Lugar.
19:00 horas: PREGÓN, no Auditorio da Casa da Cultura a cargo do GRUPO DE TEATRO INFANTIL , afincado en San Ciprián.
|
| 16 DE XULLO | 11:00 Horas: “Pasarrúas Banda Naval de Cornetas e Tambores do Club Náutico de Viveiro”.
|
| 17 DE XULLO | DIA INFANTIL.
16:00-20:00 Horas: Xogos , colchonetas e atraccións náuticas na PRAZA DOS CAMPOS. Actuación polas rúas de San Ciprián do Grupo de “Animación Troula” coa representación de:
Espectáculo itinerante, no que unha banda de Cabaret percorrerá as rúas de San Ciprián nun escenario móbil, facendo diferentes paradas, todo isto mesturado con números cómicos e participación do público.
|
| 18 DE XULLO | 17:30 horas.- DIA DA BICICLETA EN SAN CIPRIÁNPara todos entre 3 e 10 anos.Inscricións Na Praza dos Campos de San Ciprián a partir das 17:00 horas.
A continuación: RUTA CICLOTURISTA POR SAN CIPRIÁN; dando un paseo polas rúas do pobo para rematar de novo na Praza dos Campos. É imprescindible o uso adecuado do casco.
|
| 19 DE XULLO | MERCADO PIRATA NA PRAZA DOS CAMPOS APERTURA ÁS 18:00 HORAS
21:00 horas: 2º FASE DO CONCURSO DE TALENTOS organizado pola delegación e Xuventude do Concello de Cervo. |
| 20 DE XULLO | MERCADO PIRATA NA PRAZA DOS CAMPOS HORARIOS: 11:00 ÁS 14:00 HORAS
17:00 ÁS 23:00 HORAS
|
| 21 DE XULLO | MERCADO PIRATA NA PRAZA DOS CAMPOSHORARIOS: 11:00 ÁS 14:00 HORAS17:00 ÁS 23:00 HORAS |
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



