A Deputación leva o seu programa medioambiental e lúdico Lugoteando ó concello da Pontenova. A iniciativa, que está financiada nun 80 % con fondos Europeos, propón actividades gratuítas coas que se pretende é ofertar novos programas de lecer para os Lucenses ó tempo que potenciar o medio natural que nos rodeas para establecelo como un factor que xere riqueza e emprego. O lugar escollido para a realización desta iniciativa foi o Pazo da Ola, un espazo natural con moito potencial para realizar este tipo de proxectos. As actividades que se ofertaron na Pontenova foron moi variadas. Os xogos estendéronse durante máis de 5 horas. Navegar polo río en pequenas embarcacións, montar en bolas acuáticas, practicar paddle surf ou esquí acuático foron só algunhas das ofertas entre as que as pontenovesas e os pontenoveses puideron elixir. Logo do éxito das edicións anteriores, Ó redor de 100 persoas achegáronse esta tarde ata o Pazo da Ola para participar das actividades propostas pola Deputación.
Máis actividades
A Deputación inclúe no programa de Lugoteando levar o proxecto a outras zonas da comarca lucense. Mañá domingo, as actividades desprazaranse ata A Fonsagrada, onde se poderá facer surf a través dun simulador ou incluso montar en skates a motor. Durante o mes de agosto, Lugoteando irá percorrendo diversas zonas da provincia como no Valadouro, onde chegará o día 3 de agosto e no Incio o 4 dese mesmo mes. A seguinte fin de semana, os días 10 e 11 as actividades están programadas para Viveiro e Monforte de Lemos. Foz e Vilalba deberán esperar ata o 17 e 18 deste mes para desfrutar desta iniciativa da Deputación.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



