CERVO, 11 DE XULLO. Vista a polémica xurdida na pasada fin de semana a Comisión Veciñal na defensa dos Servizos Sanitarios de Cervo quere manifestar que “a lectura que se fixo por parte da orquestra foi unha iniciativa propia desta comisión, non tendo nada que ver a comisión organizadora das festas de Lieiro nin tendo coñecemento do mesma ata a súa lectura.
Calquera veciño, colectivo ou asociación pode achegarse ata o palco e facerlle entrega a orquestra calquera comunicado para a súa lectura, sen que a comisión organizadora das festas teña que ter coñecemento da mesma e sen ser responsables do que se diga por parte da orquestra.
A comisión esta a traballar tódolos días no seu obxectivo para manter as catro prazas de facultativos no Concello de Cervo e non entende nin de fins de semana nin de festivos, non como algún persoeiro con responsabilidades de goberno que parece que cando esta a tomar algo non lle gusta que lle falen de reivindicacións sanitarias, por moi xustas que estas sexan.
Dende a Comisión Veciñal entenden que “o comunicado que se leu na pasada fin de semana non atenta contra ninguén, non obriga a ninguén e non debería molestar a ninguén, a non ser que se sintan responsables por non estar a facer todo o que esta nas súas mans para manter os catro facultativos no Concello de Cervo.
A comisión anuncia que seguirá traballando na mellora dos servizos sanitarios en Cervo “con quen queira acompañala” e consideran que unha recollida de sinaturas “nin é radical nin é a politización de nada”, “é o soporte dunha demanda social para non perder o que tiñamos e reclamamos por xustiza”. Resulta difícil de entender que quen di defender o mesmo que nos coa boca pequena, faga o contrario coa boca grande.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



