A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, entregou este venres os diplomas ós primeiros participantes que veñen de rematar os obradoiros gratuítos que ofrece o CENTRAD. Nesta primeira quenda participaron 45 rapaces de entre 5 a 15 anos que aprenderon durante duas semanas as técnicas para traballar con cerámica, coiro, cestería, feltro e graffiti, entre outros.
Os obradoiros que se celebran nas instalacións do CENTRAD, nas inmediacións do Río Rato, están organizados segundo as idades. Deste xeito, os máis cativos de entre 5 e 8 anos aprenderon a facer obras artísticas con elementos de reciclaxe e se inciaron no mundo da cerámica. Pola sua banda os rapaces de 8 a 11 anos traballaron con coiro e fixeron o seu propio cesto, mentres que os maiores, de entre 11 e 15 anos traballaron con graffiti e fixeron o seu propio pano de feltro.
Segundo explicou a Deputada de Deseño e Artesanía, a Deputación pretende, con estas actividades gratuítas, achegar a artesanía aos rapaces lugueses independentemente da súa idade ofertando un lecer diferente para os meses de verán. Os pais que asistiron a entrega de diplomas agradeceron tamén a iniciativa da Deputación por axudarlles a conciliar a súa vida laboral coas vacacións estivais dos seus fillos, sabendo que están a realizar tarefas formativas apropiadas á súa idade.
Os rapaces, pola súa banda, se amosan contentos por desfrutar nestes días de verán dunha actividade diferente, ao aire libre e con outros nenos da súa idade. Durante estes días, ademais os cativos levan para a sua casa as pezas que realizaron nos obradoiros e das que se amosan orgullosos.
Segunda quenda en agosto
Rematados os primeiros obradoiros, o CENTRAD oferta outros cursos para o mes de agosto en duas semanas. Entre os días 19 ó 23 e do 26 ó 30 outros 45 rapaces poderán aprender novas técnicas artesáns en función da súa idade. O horario vai dende as 9:00 horas da mañá ata as 14:00 horas do mediodía. Son cursos gratuítos e as prazas xa están cubertas o que demostra a aceptación desta iniciativa da Deputación.






















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



