A editorial Galaxia publica ‘Bágoa de lúa’, da burelesa Sabela González, primeiro tomo da triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. Trátase da obra debut desta mariñá que estudou tradución e máis un máster en edición na Universidade de Vigo onde traballa na actualidade. Aínda así, atopou tempo para dedicalo ó que sempre quixo: escribir. Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau; segundo recolle o primeiro tomo da triloxía. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa. Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



