Santiago de Compstela, 2 de xullo de 2013. A Mesa pola Normalización Lingüística respondeu na mañá deste martes 2 de xullo ao comunicado que a Consellaría pendurou na tarde de onte no sitio web de educación, convertido sen vergoña nun voceiro do Partido Popular.
Neste comunicado, que defendía non acatar a sentenza do TSXG que anulaba o artigo do decreto de plurilingüismo do PP no que se recollía a realización das enquisas e no que se atacaba á CIG-Ensino por solicitar nos tribunais que se respecte esta sentenza –solicitude tamén realizada pola Mesa-, sinalábase sen rubor que “A pregunta realizada pola Consellería ás familias é legal, necesaria, e ten como fin coñecer cal é a lingua da que parten as nenas e nenos de infantil, co fin de garantir os dereitos do alumnado e a axeitada promoción da lingua galega.”
Desde A Mesa denuncian que o que o PP entende por “axeitada promoción da lingua galega” non é outra cousa que eliminar completamente todo rastro de galego no ensino infantil, para que unha vez que os rapaces estean instalados no castelán poder darlle tratamento de lingua estranxeira nos cursos superiores.
“Non é verdade que o obxectivo da enquisa sexa garantir que o alumnado reciba o primeiro ensino na súa lingua materna” indicou Callón “Na Mesa recibimos queixas continuamente de nais e pais que non teñen posibiliade de mandaren os seus fillos e fillas a unha escola infantil na que se utilice o galego con normalidade. Cónstanos que na Consellaría tamén reciben queixas neste sentido e non fan nada por solucionaren o problema. Imposibilitar o ensino en galego é unha decisión política do Partido Popular”.
Desde A Mesa lembran que o ensino infantil sempre foi unha etapa difícil para o idioma propio do país, pois a Xunta nunca puxo os medios axeitados para garantir unha mínima presenza do galego nesta etapa educativa. Porén, nunca en democracia se comprobaran niveis de uso tan calamitosos como na actualidade. Así, Callón manifestou que resulta indignante o cinisnmo das declaracións do conselleiro: “Causa rubor a desvergoña do conselleiro. Nunca desde o franquismo as nenas e nenos de fogares galegofalantes tiveran tantos obstáculos para se escolarizaren na súa lingua materna como desde que goberna Núñez Feijóo”.
Os datos que manexa a asociación demostran que a enquisa ás familias non é máis que a tapadeira utilizada polo PP para varrer o galego do sistema educativo. Así, a experiencia en cursos pasados demostra que malia que en moitos centros o 40 ou 45% das familias declaraban nestas enquisas utilizaren o galego como lingua habitual, os seus fillos víanse obrigados a recibir un ensino integramente en castelán até os 6 anos. A Mesa lembra o caso feito público no curso pasado dun centro de Vigo no que por un só voto de diferenza todo o ensino pasou a ser impartido nese curso exclusivamente en castelán.
Así, un estudo feito público pola Mesa en outubro de 2012 revelaba que este sistema levara á desaparición do galego no 95% dos centros de infantil nas cidades galegas. (http://amesanl.org/gl/novas/amosar/id/347)
Finalmente a entidade en defensa da lingua reclamoulle máis unha vez á Xunta que “escoite as asociacións de nais e pais, sindicatos, organizacións estudantís e movementos de renovación pedagóxica que lle reclaman a unha soa voz unha política educativa, lingüística e cultural que non ataque os nosos sinais de identidade e que garanta as competencias comunicativas do alumnado no idioma propio de Galiza”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



