O Valadouro, 12 de xullo de 2013.- O Xulgado nº2 do Contencioso-Administrativo de Lugo acordou admitir a trámite o recurso do Partido Popular que pode dar lugar á impugnación do acordo adoptado na moción de censura do Valadouro.
Este tribunal lucense resolve continuar o procedemento xudicial e as actuacións procesuais oportunas e establece un prazo de 8 días (a contar desde o pasado martes) para que o Partido Popular presente a súa demanda.
Este é o primeiro pronunciamento xudicial que coñecemos e nel tamén o Xulgado decide tramitar este asunto a través do procedemento especial que a lei contempla para a protección dos dereitos fundamentais da persoa. Os populares alegaron que o voto emitido polos concelleiros do PSOE, Udival e BNG está condicionado polo pacto asinado ante notario e moi en concreto, no caso do actual bipartito, pola cláusula que obriga a pagar 100.000 euros en caso de ruptura do goberno.
Da decisión do Xulgado lucense deron conta hoxe os populares nunha rolda de prensa na que, o exalcalde e actual portavoz popular, Jose Manuel Lamela, e os concelleiros do Grupo Municipal Popular, estiveron arroupados por Jose Manuel Balseiro, secretario provincial, María Elena Candia, vicesecretaria e polo coordinador da Mariña lucense, Jose María González Barcia.
A FAVOR DA PETICIÓN DO PP
O PP quixo poñer en valor a decisión do Xulgado xa que, segundo salientaron, “podería ter acordado non continuar co procedemento, pero decidiu todo o contrario, que si tiña sentido continuar analizando a súa posible impugnación, decantándose a favor da petición do PP”. Agora será a Xustiza –nun proceso Contencioso-Administrativo- quen terá que determinar a legalidade dos feitos acontecidos neste concello.
SAÚDE DEMOCRÁTICA
Os populares tamén explicaron que con independencia de si o pacto e posterior acordo que levou ao bipartito ao goberno local se axusta ou non a dereito, é indiscutible que prexudica á saúde democrática e ao municipalismo no seu conxunto, xa que limita a liberdade de acción e o comportamento dos concelleiros.
RESPONSABILIDADE
Din tamén que sexa cal sexa a decisión final do tribunal sentará precedente “xa que se trata dun feito inédito en democracia e nunca antes avaliado pola xustiza” e adiantan que, como a impugnación pasa a unha fase xudicial “non queren facer xuízos paralelos pero si insistir en que o recurso presentouse por responsabilidade cos veciños do Valadouro e por respecto aos principios máis básicos do noso sistema democrático”
No Partido Popular non ocultan a súa satisfacción ante a resolución adoptada polo Xulgado no convencemento de que, tendo en conta a gravidade e transcendencia públicas dos feitos, será moi positivo que os avalíe a Xustiza. Insisten tamén en que se acumulan as razóns para que o bipartito no goberno local, ou o BNG, fagan público o documento notarial do pacto que aínda ocultan á opinión pública.




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



