O Campus de Fútbol Base “Máis que fútbol” contou na mañá deste soleado luns 8 de xullo coa visita de Xosé Luís Lemos (actual adestrador do Cerceda, e con pasado no Montañeros, Laracha, As Pontes, e que pertenceu coma xogador na Mariña á Mindoniense ou ó Xove Lago, ademais de equipos de 2ª B coma o antigo Endesa As Pontes), con Manu Sánchez que trala súa experiencia no Orzán da Liga Nacional Feminina, agora adestra a Ural e Arteixo e co adestrador de porteiros da Ponferradina Alberto Casal, que tivo unha ampla experiencia como xogador no Endesa, Lugo, Montañeros ou Racing de Ferrol. Xunto ó director e coordinador do campus, Pablo Fernández, hai un grupo de monitores integrado por Javi Ruíz (adestador do benxamín A do AFD Porto de Burela), Ramiro Chaves Mon (adestrador dos xuvenís do San Ciprián na vindeira tempada 2013-14), Kiko Mariño (porteiro do As Pontes de 3ª división), Xusto Pardeiro (xogador do Viveiro), Marcos Polo (xogador do Cervo), Rodrigo Pinto (licenciado en Inef e que retorna ó Burela), Javi Mogo (con experiencia en organizar eventos deportivos e árbitro de categoría nacional) e Patry Vigo (licenciada en ADE e cursando estudos de máster en xestión e organización de eventos deportivos).






















Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



