Hoxe, 1 de xullo, deu comezo no CEIP de San Miguel o campamento de verán Diververano 2013, que puxo en marcha o Concello de Barreiros e que se levará adiante durante os meses de xullo e agosto. Os nenos e nenas, de entre 5 e 11 anos que asisten, participarán en diversas actividades como xogos ao aire libre, manualidades, reciclaxe, música, xogos de mesa, activades en inglés… O campamento de verán do Concello de Barreiros desenvólvese de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas desde hoxe ata o 30 de agosto. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, visitou esta mañá aos pequenos e pequenas que están a disfrutar xa do Diververano 2013.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



