José Ramón Gómez Besteiro manifesta a súa “profunda alegría por José Blanco, pola súa familia e por todo o partido socialista” despois de coñecer o arquivo da causa contra o deputado por parte do Tribunal Supremo. O secretario xeral do PSdeG en Lugo lembra que sempre mantivo “unha absoluta confianza” en Blanco, como ratificou en todas as súas declaracións públicas realizadas ao longo destes anos ao respecto, e critica “aos que aproveitaron os tempos electorais para facer xuízos paralelos e públicos, faltando ao respecto á presunción de inocencia” neste proceso. “Hoxe todos eles teñen unha responsabilidade que asumir”, afirma.
Gómez Besteiro advertiu de que os temas xudiciais “esixen sempre a máxima responsabilidade e altura política por parte de todos, fóra de toda ansiedade e interese electoral”, e lamentou que José Blanco é “un exemplo de como a unha persoa pode facérselle soportar o insufrible e da maneira máis dolorosa a nivel persoal, profesional e política”.
O socialista incide en que “todos os que faltaron ao respecto á presunción de inocencia hoxe teñen unha responsabilidade que asumir e un cargo de conciencia que debe facer reflexionar aos que seguen utilizando as mesmas artimañas”. Gómez Besteiro avogou pola “responsabilidade” e o “máximo respecto á separación de poderes”, polo que recalcou que “o calendario xurídico non debe mesturarse nunca co calendario político”, porque “é un tema extremadamente serio con consecuencias como as que hoxe pon de manifesto a resolución do Tribunal Supremo que vimos de coñecer”.
Besteiro foi informado do arquivo da causa polo propio José Blanco, que na mesma conversa lle transmitiu o seu apoio para o proxecto de renovación do PSdeG e o seu desexo de asinar o primeiro aval en favor da súa candidatura o luns, no momento en que se abra o proceso.




















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



