Lugo, 3 de xullo de 2013.- A voceira do GPP na Deputación de Lugo lamentou que unha vez máis a confrontación sexa a única resposta de Gómez Besteiro ante o intento de solucionar os problemas dos lucenses por parte das administracións.
“Dende o Grupo Provincial do Partido Popular, queremos denunciar que unha vez máis a única resposta por parte da Deputación de Lugo sexa a confrontación e buscar a “bronca” en vez de traballar conxuntamente na defensa dos intereses dos lucense”- manifestou Elena Candia.
Lembrou Candia que a Xunta de Galicia, Deputacións e Concellos consensuaron un novo sistema para xestionar os grupos de emerxencias supramunicipais, e para iso asinouse un convenio para a súa posta en marcha, ao que deben adherirse os concellos, “a Xunta encargarase da formación do persoal e ós concellos correspóndelles a selección”- recordou.
A voceira popular asegurou que o Grupo provincial, lamenta que só se busque a confrontación e o litixio constante, ” a Deputación Provincial de Lugo, non é a administración máis idónea para dar leccións de nada, compre recordar o último plan de emprego, un plan que foi levado ao contencioso polo sindicato afín ao seu socio de goberno”- lembrou.
Afirmou Elena Candia que nin os servicios sociais, nin as emerxencias son quen de facerlles apartar o ánimo de litixio constante e da confrontación, para traballar en conxunto ao abeiro dos principios de colaboración e cooperación e obrigado cumprimento para as administración.
Concluíu a popular que todo deriva dun presidente que esta moito máis interesado na súa proxección que de resolver problemas.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



