Máis de 400 palistas pertencentes a 31 clubs galegos, déronse cita en Verdecido esta fin de semana no marco do Campionato Galego Infantil na distancia de 1.000 metros.
O Kayak de Foz, único representante da Mariña neste campionato desprazou a cinco kayakistas infantís á competición: Pascual Iván Fernández e Mayra Alarcón na categoría infantil A e Paco Andrey Fernández, Alexis Navas e Juan Rivas na categoría infantil B.
K1 1000 metros
A primeira hora da mañá do sábado 6 de xullo Pascual Iván tomada a saída na primeira contrarreloxo na categoría masculina infantil A de K1 quedando eliminado da semifinal ó finalizar última da serie. O vencedor final da categoría foi Anxo Susavila do Club As Torres – Romería Vikinga, segundo, David da Rocha do Kayak Tudense e, terceiro, Julio González do Cidade de Lugo.
Do mesmo xeito, Mayra Alarcón non conseguiu pasar o primeiro corte da contrarreloxo na categoría feminina. O podio final estivo formado por Carolina García, Alba Lorenzo – ambas da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra- e Fátima Ordóñez, do Club As Torres – Romería Vikinga; primeira, segunda e terceira; respectivamente.
Dos tres infantís B participantes na proba, Paco finalizaba a súa aparición na contrarreloxo ó non pasar o corte de tempos. Alexis Navas e Juan Rivas pasaron a semifinais. O primeiro rematou a primeira semifinal na sexta posición pasando á final B na que se disputaban os postos do 10º ó 18º, sendo precisamente esta última a posición que acadou no campionato despois de disputar a final B. E, pola súa parte, Juan Rivas, marcou unha discreta oitava posición que o relegaba á final C onde, finalmente, acadou a cuarta posición na proba e a 22 do Campionato.
K2 1000 metros
O Club Kayak de Foz participou, xa pola tarde, cun barco K2 composto por Alexis Navas e Juan Rivas na proba de parellas. Tras un regata moi disputada, finalizaron en primeira posición parando o crono en 04:49:67 que lles daba o pase directo á final da categoría onde ocuparon unha sexta praza que sabe a podio, xa que levan tan só 3 días remando en K2.
O Club As Torres de Catoira Romería Vikinga foi o que ocupou o primeiro posto na clasificación final por conxuntos sumando 526 puntos, xusto por diante do Ciudad de Pontevedra, que se quedó con 476. A terceira posición foi para o Pontecesures, con 393. E, o Club Kayak de Foz ocupou unha meritoria posición 26, cun total de 47 puntos conseguidos.
Campionato Galego de Alevíns
Para o domingo estaba previsto que se disputara o Campionato Galego da categoría alevín en Narón que finalmente foi suspendido debido ó forte vento rexistrado no campo de regatas.