A cerimonia de clausura do 1º Campus de Fútbol Base “MÁIS QUE FÚTBOL” levouse a cabo este venres 12 de xullo trala desputa dun campionato entre todos os participantes e unha charla a cargo do adestrador da selección galega sub-18 Luís de Santiago e do xogador do Racing Vilalbés Óscar “La Magia” Martínez. Durante esta xornada tamén visitou o Campus o xogador deportivista en idade xuvenil e criado en Burela, Julio Delgado. Trala charla tanto Luís de Santiago coma Óscar repartiron os diplomas ós 70 nenos inscritos presentes. A organización agradece a colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Burela, a AFD Porto de Burela e o patrocinio de Gadis grazas ós que foi posible organizar este Campus.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



