Ribadeo, 12 de xullo de 2013. O vindeiro luns, 15 de xullo, darán comezo as actividades do programa Construíndo o verán, que pon en marcha a Concellaría de Servizos Sociais por segundo ano consecutivo.
Segundo explica Teresa González Piñeiroa trátase dun programa no que participarán trinta rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, “está incluído dentro do proxecto de redución do abandono escolar e ten coma obxectivos básicos: establecer unhas rutinas neste período estival no que non está demais poder dosificar ese tempo libre, sobre todo na mocidade; estudar aquelas materias pendentes, sobre todo en secundaria, porque teñen que volver a examinarse en setembro e no caso dos de primaria tamén para repasar contidos básicos, incidindo na lectura, na escritura, no cálculo; conciliar a vida laboral e familiar e coñecer o medio sociocultural dunha forma lúdica, mediante diversos obradoiros”.
A concelleira de Servizos Sociais sinalou que “a maior parte do alumnado estivo asistindo ás clases que se deron durante o inverno. Pídese tamén un compromiso ás familias de que os seus fillos e fillas van asistir a estes programas, pídese colaboración e que incidan en que respecten as normas básicas de comportamento”.
As clases desenvolveranse en horario de 11 a 13 horas nas instalacións da Escola Oficial de Idiomas. González Piñeiroa subliñou que “contamos con voluntariado. Neste caso son cinco persoas que se organizaron, estableceron uns horarios e dividíronse entre primaria e secundaria. Este voluntariado traballa coas pautas e as directrices que nos marcan os departamentos de orientación laboral dos centros de ensino dándonos información sobre cada un dos participantes. Hai que facer constar esa entrega do voluntariado ano tras ano prestándonos o seu tempo de lecer para causas tan altruístas coma estas”.
En Construíndo o verán “tamén traballamos con persoal técnico municipal. Neste caso son catro persoas, unha de medio ambiente, unha de cultura, unha de igualdade e unha mais de trastornos aditivos. A de medio ambiente impartirá obradoiros de concienciación sobre ecoloxía e respecto polo medio, a técnica de cultura desenvolverá roteiros por Ribadeo para que reflexionen sobre a tradición e a cultura locais, a técnica de igualdade traballará con proxección de películas e co trivial feminista que elaborou o Observatorio da Mariña pola Igualdade e a técnica de trastornos aditivos e drogodependencias centrarase sobre todo na internet, nas redes sociais, no seu uso e na prevención de riscos”, engadiu Teresa González Piñeiroa. Estes obradoiros serán os luns e os mércores.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



