O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA segue coas actividades programadas para reclamar unha ciclovía en Viveiro. Esta semana o colectivo instalou puntos de recollida de sinaturas nas rúas de Viveiro e agora prepara un Paseo en bici polo Souto da Retorta para o vindeiro venres día 19 de xullo. O inicio do Paseo será en Chavín, onda a antiga fábrica, e dará comezo contra as oito da tarde. Ao remate do Paseo, ao pé do Avó, o colectivo agasallará a todos os participantes cunha sorpresa. A seguinte actividade, dentro desta programación da reclamación do carril-bici, terá lugar no vindeiro mes de agosto e consistirá nun Paseo nocturno en bicicleta.
Continúan as actividades para reclamar o carril bici en Viveiro
Continúan as actividades para reclamar o carril bici en Viveiro
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional