Este xoves 11 de xullo rematou o Torneo de Fútbol Praia que se celebrou dende o martes, e en horario de 22:00 a 00:30, na praia do Torno incluído no programa Noites Alternativas do Concello de Cervo. Máis de 100 persoas participaron no torneo divididas en 14 equipos e en catro categorías. Coa súa finalización entregáronse as medallas aos dous primeiros clasificados en cada categoría: Las sombras del mal e Men in black, campión e subcampión sub 10; Las Albóndigas e Los Vigilantes de la Playa, campión e subcampión sub 12; Sen nome e Grupo estudios, campión e subcampión sub 15 e Chicago e Eskope-tas, campión e subcampión sénior, respectivamente.
























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



