José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, encara o proceso de renovación do partido “con máis forza ca nunca” despois de pechar unha semana con visitas nas catro provincias galegas cunha gran afluencia de militantes, que foron máis de 150 en Mondariz, cos compañeiros e compañeiras de Baixo Miño-Paradanta, e medio millar onte en Lugo.
Gómez Besteiro visitou tamén con decenas de militantes as comarcas de Ribadavia e O Carballiño, en Ourense, e de Compostela, antes de participar esta fin de semana en Madrid no Comité Federal do partido, no que se aprobará a folla de ruta do proceso de elección de candidatos para o PSdeG co horizonte de setembro fixado xa polo Comité Nacional en Galicia. O socialista encara esta recta final, na que seguirá realizando visitas por toda Galicia, “con máis forza ca nunca” tras o apoio recibido e “co convencemento de que o partido sairá unido e moi reforzado” para iniciar “un proxecto de futuro que demostre que Galicia pode saír da crise sen renunciar á igualdade e a xustiza social, ao contrario do que quere facer crer o PP”.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



