Ribadeo volverá a ser o centro do jazz e o blues o 26 e o 27 de xullo durante a celebración da segunda edición do Festival de Jazz Blues Ribadeo. Así, o auditorio Hernán Naval acollerá as actuacións de Blues & Decker e Jorge Pardo Quartet (Premio Mellor Músico Europeo de Jazz da Academia Francesa) o venres 26 de xullo e de Saint Patrick F. Big Band – con 20 músicos baixo a dirección de Bobby Martínez- e Vargas Blues Band o sábado 27 de xullo. Ambos días as portas abriranse ás 21:30 horas. As entradas pódense adquirir de xeito anticipao en www.codetickets.com e os días dos concertos na billeteira despois das 19:30 horas. O seu prezo será de 15 euros para cada día e de 25 o abono para os dous.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



