A Asociación cultural O Feitizo, inaugurou onte “Exposición de bonecas” ataviados co traxe rexional de Galicia, obra de Pilar Arias, a súa directora técnica, cun traballo perfeccionista e de moitas horas. A inauguración correu a cargo do presidente Vivente Sempere Sempere e da presentación de Xesús Basanta Martínez que fixo un percorrido sobre a historia desta agrupación. A mostra estará aberta na sala de exposicións do CENIMA ata o día 16 de agosto.
