Ribadeo 5 de xullo de 2013.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad denunciou este venres 5 de xullo a infracción que acometeu o rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, tras non pasar a ITV ao máquina limpadora.
Relata López Penabad que un operario estaba traballando cando os axentes da Garda Civil lle pediron o documento acreditativo de que a Inspección Técnica do vehículo que manipulaba estaba pasada. Foi neste intre cando se descubriu que non existía este obrigatorio documento e os axentes procederon a sanción correspondente. Unha multa de 1.500€ que recaerá no peto dos veciños de Ribadeo.
O popular asegura que a pasividade de Suárez Barcia empeza a ser alarmante e moi grave posto que é inconcibible que un vehículo destas características nunca pasase a correspondente inspección técnica.
Visto que este rexedor pasa absolutamente de todo, posto que por pasar, ata pasou de pasar a ITV, López Penabad pregúntase se os operarios estarán asegurados porque “visto o visto, un xa desconfía de todo”.
Conclúe o popular criticando que ao tratarse dun vehículo que está día a día e en contacto directo con tódolos viandantes é aínda máis grave que non teña pasada a Inspección Técnica.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



