O grupo de acordeóns de Viveiro actuará no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá o día 14 deste mes de xullo, domingo, ás oito e media da tarde. Dous compoñentes desta formación musical, Ángeles Cuadrado e Lino Rico, son laurentinos. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, explicou que o grupo de acordeóns de Viveiro “está composto por 5 persoas entre as que está Lino Rico, que é profesor do Conservatorio de Viveiro. Naceu no concello de Lourenzá e ven dunha familia de tradición musical, que desde distintas xeracións tocan o acordeón. Na década dos 80 foi profesor de música aquí, no noso concello, e algunha das súas discípulas daquela época, como a laurentina Ángeles Cuadrado, tamén tocará neste concerto do vindeiro día 14”.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



