Un atranco na saúde fixo que se producira un lapsus na habitual e periódica presenza do cronista nestas páxinas. A unha hora do hospital capitalino, e coa urxencia requerida, fumos acollidos na súa prestixosa unidade de ciruxía vascular, coa exquisita atención e o delicado trato humano dos que fan gala dende o mais significado dos doutores ó mais modesto subalterno. A malfadada circunstancia ofreceunos a oportunidade de coñecer mais de preto as modélicas instalacións, servizos e atencións que honran as dotacións e infraestructuras sanitarias da nosa terra. Ubicadas éstas en plena natureza, en paraxe idílico; afastadas de masificacións constructivas; de accesos directos e expeditos, nun entorno que ofrece o marco idóneo, de paz e tranquilidade para a recuperación física e anímica do doente. No interior, os amplos corredoiros e dependenzas vense inundados pola luz e o sol vivificador que traspasan as grandes vidrieras nun hábitat luminoso e unha visión optimista.
Nesas condicións, a sensación de liberdade que experimenta o internado axúda a soportar a inevitable e nunca desexada estancia hospitalaria, onde as dores físicas e o baixón anímico van parellos e tanto necesita a víctima de cantos recursos poidan incidir dulcificando as longas horas, e días, de permañenza no Centro, á busca da saúde perdida Un querido amigo que nos chamou durante a estadía no hospital contounos que alguen que vivía unha experiencia semellante facía: esta reflexión “Resulta que eu era rico e nunca o souben”.
O HULA veo a suceder, con tódolos honores, á vetusta Residencia da S,S, que, trala longa travesía de moitos anos, rematou o ciclo vital cando xa, vella, depauperada e con graves deficiencias pedía a berros o recambio que se fixo, como decimos con novas e modélicas instalacións mesmo cunha discreta ollada a posibilidade de que nun futuro mais ou menos próximo se necesitase maior espacio para atender de xeito óptimo o posible incremento da demanda, feito nada extrano nunha sociedade envellecida como é a nosa. Elemental previsión que non sempre se fai o que conduce a que moitas veces amgníficas instalación novas de contado quedan obsoletas ou incapacitadas, ó non admitir mais alá da súa capacidade inicial, xa esgotada.
Suso Fernández



















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



