Despois de dous anos de goberno do PP, a valoración que fan dende o BNG da situación do Concello é “doutro ano máis perdido para Burela”. “Porque todo o que diciamos hai un ano é perfectamente válido para 12 meses despois: nula xestión do equipo de goberno (ningún proxecto de futuro, ningunha obra nova, ningún novo servizo), gasto de máis de 100.000 € nas tres dedicacións exclusivas que non se xustifican no traballo que fan, incremento dos impostos municipais (grande subida do IBI e de todas as taxas e prezos públicos) e nada de apoios económicos ás asociacións e clubs deportivos de Burela. Seguimos coa metade das rúas ás escuras, seguimos pagando por todo (polo deporte, polos servizos sociais, por casar…) e seguimos pagando por viaxes e máis viaxes do Alcalde que ningunha xestión nova aportan ao noso concello”, segundo explican os nacionalistas.
“Agora, iso si, en espírito triunfalista e en enganar os veciños e veciñas falando da economía municipal non hai quen lle gañe ao PP de Burela. E estoume a referir ás últimas valoracións que, sobre as contas do Concello, facían o Alcalde e o concelleiro de Economía”, continúan.
“Dicían dende o equipo de goberno que, a 30 de maio, tiñan os pagos das facturas ao día. Pois, esta é a primeira mentira, porque precisamente no Pleno que se celebrou ese mesmo día se recoñeceron algunhas facturas do ano 2012 que estaban sen pagar (facturas da festa castrexa do ano pasado e doutras actividades que se desenvolveron nos últimos meses do 2012 que estaban sen pagar case oito meses despois)”, recordan dende o BNG de Burela.
E, relacionada con estas facturas “sen pagar do ano 2012”, advirten, “está a segunda mentira do PP no goberno municipal: din que a súa premisa é “non gastar máis do que se ten”. Pois ben, estas facturas sen pagar do ano 2012 (case 51.000 €) correspóndense con gastos feitos que non tiñan cartos para pagarse. Gastaron 51.000 € máis da conta e por iso houbo que recoñecer estas facturas extraxudicialmente no Pleno de maio deste ano. Menos mal que non gastan máis do que se ten…”
Seungo os nacionalistas, a “terceira mentira do equipo de goberno do PP é falar de que o anterior goberno municipal deixou máis de un millón de euros en facturas “sen consignación presupostaria”. Debe de ser que o Alcalde ten mala memoria ou que cando estaba na oposición non se enteraba moito do que pasaba por Burela porque estaba sempre en Lugo, porque dicir que non había consignación presupostaria para esas facturas é mentir sobre as contas municipais”.
Nese sentido, cren que “o que si está claro é que, tan mal non debían de estar as contas municipais que deixamos o anterior equipo de goberno, porque cartos hai para pagar os máis de 100.000 € que cobran as tres persoas do PP que teñen dedicación exclusiva; porque cartos hai para pagar os máis de 7.000 € en dietas que cobrou o Alcalde o ano pasado nas súas viaxes polo mundo adiante e porque cartos hai para pagar os máis de 3.000 € en dietas que levan pasados nos tres primeiros meses do ano 2013 o Alcalde e os concelleiros/as do equipo de goberno para seguir viaxando polo mundo”.
“Este é o resumo do segundo ano de goberno municipal do PP en Burela: outro ano perdido porque nada novo fixeron nin fan. Outro ano de viaxes do alcalde e os seus concelleiros e concelleiras, pagadas por todos nós, que xa suman máis de 10.000 €. Outro ano máis sen subvencións para asociacións e colectivos. Outro ano máis de subida de impostos e outro ano máis de escuridade en Burela”, conclúen.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



