Foz a 4 de xullo de 2013.- O BNG de Foz manifesta o seu total rexeitamento á pretensión da Xunta de Galiza de eliminar unha educadora da escola infantil de Foz para o curso que vén para abrir a escola de Alfoz.
Aínda que é cuestionable a necesidade da apertura dunha escola infantil con 5 nenos cando hai outra a menos de 5 quilómetros con suficientes prazas como é a do Valadouro, o que non é admisible é que se lle saquen recursos humanos a outras escolas que teñen demanda de prazas para abrir unha nova. A escola infantil de Foz ten hoxe unha gran demanda. Hai que recordar que este curso quedaron fóra 47 nenos e nenas entre idades de 0 e 3 anos o que da idea da necesidade de construír unha nova escola infantil ou ampliar a existente. “O que menos necesita Foz e que lle saquen educadores das súas escolas infantís. Ao contrario, necesita que se doten de máis”, afirma o portavoz municipal do BNG, Xan Carlos González Basanta.
Está claro que o PP está actuando desde o poder con criterios exclusivamente partidistas porque esta decisión non ten outra xustificación. E neste sentido, quixeramos saber o que opina o alcalde de Foz sobre que nos reduzan a calidade asistencial e educativa dunha escola que pagamos todos e todas as veciñas de Foz e que aínda mantemos en parte. “Temo que o alcalde sexa neste caso como noutros moitos un alcalde que di amén a todo o que lle mandan desde Santiago” asegura Basanta.
Para o BNG esta é unha mostra máis da acción de goberno do PP na Xunta, que en vez de ampliar e mellorar a calidade dos servizos e de crear emprego público prefire amortizar prazas, destruír emprego e desmantelar pouco a pouco a calidade hoxe excelente das nosas escolas infantís públicas.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



