Foz, 3 de xullo de 2013. O Concello de Foz tratará de conservar as dunas con vexetación autóctona que se están formando na praia da Rapadoira, concretamente xunto á charca que se crea nese areal durante a preamar. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, xa informou desta situación aos técnicos do Servizo Provincial de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente.
O rexedor municipal explicou hoxe que “dende o grupo de goberno estamos seguindo con moito interese o proceso natural de formación de dunas que se está percibindo na praia da Rapadoira, ao redor da charca que se crea en preamar. Estamos en contacto cos técnicos de Costas porque pode ser interesante. É unha praia que ten unha extensión grandísima, máis de 5 hectáreas, e este proceso de formación de dunas, que pode ser interesante para a estética e tamén no aspecto medioambiental, vamos tratar de conservalo”.
Por este motivo dende o Concello piden a todos os que visiten a praia da Rapadoira “que teñan en conta que alí hai un proceso dunar en inicio, que moi probablemente trataremos incluso de repoboalo para protexer esa zona próxima á charca que se forma en preamar”.
Javier Castiñeira cree que a formación desas dunas “vai ser positivo, vai crear un contraste moi bonito e moi interesante na praia da Rapadoira, que conta con espazo suficiente para estar ao sol e ter diferentes ambientes. Darán un colorido importante e vamos tratar de mantelas, de apostar por elas e nese sentido estamos en contacto co Ministerio de Medio Ambiente para que leve un seguimento. Os operarios da limpeza de Foz non quitaron as plantas, que son dunares autóctonas, e gustaríanos que isto fora adiante e incluso tratar de facer unha repoboación para conseguir un entorno moito máis atractivo, porque na praia da Rapadoira hai espazo suficiente e cremos que pode ser un atractivo máis. Crearía un contraste importante nunha praia urbana como A Rapadoira cunha extensión grandísima, pois aparte de ver moita superficie de area branca habería tamén unha zona dunar con herba rodeando a charca que se forma na preamar neste areal, que non deixa de sorprendernos día a día”.
O alcalde focense tamén comentou que A Rapadoira “leva máis de 25 anos con bandeira azul; é un emblema da Mariña, non só de Foz; é coñecida en toda España. É verdade que temos praias moi boas na Mariña pero tamén é ben certo que a da Rapadoira precisamente é unha desas bandeiras”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



