Lugo, 11 de xullo de 2013.- O Partido Popular de Lugo fixo este xoves balance do proceso de renovación das súas estruturas locais que veu desenvolvéndose nos últimos tres meses –maio, xuño e xullo- e que prevé continuar en setembro, en coincidencia co inicio do novo curso político.
Os populares explicaron que na provincia celebráronse 16 congresos locais nos que os afiliados –de xeito directo- tiveron a oportunidade de votar ás persoas que forman parte das novas Executivas e, polo tanto, do equipo que marcará a estratexia a desenvolver nos vindeiros anos.
Segundo salientaron desde a dirección provincial este proceso tivo lugar a bo ritmo –con dúas citas de media cada fin de semana- e cun grado de renovación que supera o 50%.Indicaron ademais que os congresos locais tiveron lugar nun clima de extraordinaria cordialidade, cunha única candidatura en todos eles e un nivel de fortaleza e cohesión interna moi alto. De feito, alí onde foi renovada a presidencia local contouse, en moitas ocasións, co presidente saínte como integrante da nova Executiva ou mantendo a presidencia con carácter honorífico.
ALTO GRADO DE RENOVACIÓN
Esa capacidade para conxugar renovación e experiencia quere servir ao PPdeLugo como pulo para fortalecer a estrutura do partido e que sexan as estruturas locais un mellor instrumento para dar resposta aos retos que os cidadáns marcan: máis emprego, mellores servizos, políticas dirixidas á recuperación económica
RENOVACIÓNS E REELECCIÓNS
Entrando polo miúdo a Dirección provincial explicou que en seis concellos os afiliados escolleron un novo presidente local, renovando polo tanto a primeiro posto da súa Executiva local, como foi o caso de Pol (Ángeles Lenza), Taboada (Ramiro Moure), O Incio (José Álvarez), Chantada (Javier Rodríguez Medela), Foz (Javier Castiñeira) e Monforte (Julia Rodríguez Barreira)
Noutras catro citas congresuais optouse pola reelección da persoa que viña exercendo a presidencia local, como é o caso do Valadouro (Jose Manuel Lamela), Vilalba (Agustín Baamonde), Burela (Jose María González Barcia) e Mondoñedo (Elena Candia)
E, finamente, noutros seis casos logo da celebración dos congresos os afiliados escolleron co seu voto como presidente electo á persoa que viña exercendo a presidencia da xestora local, como aconteceu en Ribadeo (Jesús López Penabad), Guitiriz (Xose María Teixido), Begonte (Jose Ulla), Castro de Rei (Francisco Balado), Navia (Antonio Fernández) e Portomarín (Juan Serrano)
O Partido Popular de Lugo foi quen de sumar nos distintos concellos novas ideas e novos equipos e desde a dirección provincial insisten en que se está a traballar desde o primeiro día para ofrecer todos os recursos e o apoio incondicional aos 67 municipios da provincia. A renovación das estruturas locais foi tamén unha estratexia marcada logo da celebración do Congreso autonómico e provincial do partido.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



