Lugo, 16 de xullo de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular cualificou de “moi decepcionante” a visita institucional do Presidente da Deputación de Lugo, Jose Ramón Besteiro, ao concello do Valadouro. Os populares argumentaron esta afirmación en base a dous criterios: non aproveitou a súa estancia para explicar o contido do pacto de goberno que PSOE, Udival e BNG manteñen oculto aos veciños do Valadouro e tampouco foi quen de comprometer investimentos de relevancia no municipio.
MUÑIDOR DO PACTO
José Ramón Gómez Besteiro ademais de presidente da Deputación ostenta o cargo de secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo. Esta dobre condición podía tela aproveitado para asesorar ao novo alcalde sobre a necesidade de dar a coñecer o contido íntegro do pacto de gobernabilidade nun exercicio de transparencia que aínda teñen pendente os novos gobernantes do Valadouro.
Os populares consideran que Besteiro acovardouse e non foi quen de realizar esta petición de transparencia porque, ademais de muñidor e valedor deste pacto económico –que pon prezo, 100.000 euros á gobernabilidade do concello- esta é a fórmula que quere extrapolar ao conxunto de Galicia en caso de acceder á secretaria xeral do PSdeG e, polo tanto, que non pode rexeitar un mecanismo que el mesmo pretende aplicar e pode ter aplicado noutros concellos ou incluso na propia Deputación, xa que polo seu carácter segredo, pode non ter transcendido
Desde o Grupo Popular están convencidos tamén de que Besteiro, que Goberna na Deputación de Lugo grazas a un pacto co BNG, pese a non ser a forza política máis votada, non ten lexitimidade para impoñer nada a un alcalde do seu partido que está nesas mesmas condicións, gobernando de costas ao resultado das urnas.
COMPROMISOS XENÉRICOS
Os populares tamén consideran “moi decepcionantes” os compromisos adquiridos por Besteiro a nivel local, xa que logo lonxe da aplicación de convenios xenéricos –que xa está a levar adiante en todos os concellos- e do remate dunha obra –a estrada do Cadramón- que tiña pendente de executar nun último tramo, non hai investimentos nin compromisos de relevancia.
O GPP di que é positivo aforrar en enerxía eléctrica e poñer en marcha cursos para a creación de empresas agrarias aínda que esperan que esta última proposta, a inclusión do Valadouro no proxecto Fórmate en Verde non teña nada que ver con que o actual alcalde é un profesor destas actividades e, polo tanto, que non se busque aquí o interese persoal e económico duns poucos, por riba do interese xeral.
ALLEO AOS PROBLEMAS DO VALADOURO
Segundo o GPP Besteiro tamén perdeu unha oportunidade única para dar un repaso ás débedas que a administración ten con este concello, unha terra que, por sectarismo político, durante os últimos anos estivo totalmente abandonada pola Deputación. Está claro que a pesar do cambio de goberno, Besteiro ten demostrado que está moi lonxe, ausente, que ten a carteira baleira para os problemas do Valadouro.
Os populares valoran moi negativamente a visita do Presidente do ente provincial e están convencidos de foi un xerro de auga fría para as expectativas xeradas polos seus propios compañeiros de partido, empezando polo alcalde. Quizá por iso a súa visita institucional concitou un mínimo seguimento e eran moi poucos os veciños que se achegaron a recibilo, nun superaban a decena.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



