O Valadouro, 2 de xuño de 2013.- O Partido Popular do Valadouro dixo hoxe que as reiteradas declaracións de Edmundo Maseda en relación coas dificultades coas que se atopou tras chegar á alcaldía como consecuencia da falta de aprobación dos orzamentos municipais, demostran a ignorancia política na que veu incorrendo o seu partido ao bloquear a aprobación das contas locais e, o que aínda é máis grave, o moito dano que a actitude da entonces oposición provocaba na xestión diaria do concello.
Os populares aseguran que si Edmundo Maseda sendo concelleiro descoñecía o funcionamento máis básico do seu concello non pode ser agora un bo alcalde e, polo tanto, están convencidos de que a nova responsabilidade lle ven grande.
BURLA AOS VECIÑOS
Desde o PP consideran unha burla aos veciños que o actual rexedor leve semanas queixándose nos medios de comunicación dun problema que o seu partido, e o resto das formacións da entonces oposición, contribuíron a crear: a falta de aprobación dos orzamentos municipais. Lembran ademais que pese as reiteradas advertencias do PP sobre as dificultades que xeraba na xestión diaria municipal a falta de aprobación das contas locais, as forzas da oposición fixeron oídos xordos e, ata en dúas ocasións, rexeitaron os orzamentos sen ser capaces de ofrecer ningunha alternativa.
“Agora di lamentarse da falla de persoal para traballar fóra das dependencias administrativas, pero cando era o xefe da oposición bloqueaba os orzamentos que permitirían contratar novos traballadores. Agora di que as máquinas de desbroce están obsoletas pero cando era xefe da oposición votaba en contra dos orzamentos que contemplaban mercar unha nova. En definitiva, agora parece darse conta –demasiado tarde- do moito dano que lle fixeron a este concello coa súa actitude de bloqueo. Solo esperemos que a súa inexperiencia non siga facendo máis dano ao concello”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



