Este martes 2 de xullo deron comezo as actividades do Programa “Mañáns Activas de Verán” que se van desenvolver, sobretodo, no Centro Xuvenil do Concello de Xove (onde a OMIX), cun total de 34 mozos e mozas, de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, inscritos. Debido ó alto número de inscritos, dobráronse as actividades, formando dous grupos segundo a idade.
Estas actividades, organizadas pola OMIX, vanse levar a cabo durante os meses de xullo e agosto, os martes, mércores e xoves en horario de 10:30 h a 13:30 h. Este proxecto conta coa colaboración de 5 rapazas voluntarias do Concello de Xove, encargadas de axudar á integración dos rapaces e da dinamización das actividades.
O proxecto “Mañáns Activas de Verán” pretende ofertar actividades formativas, lúdicas e dinámicas, que permitan á xuventude outras formas diferentes de ocupar o tempo de lecer durante as vacacións de verán. Pretende, pois, dar resposta á inactividade deste colectivo durante estas datas estivais.
A través deste proxecto proponse a realización das seguintes actividades:
– Tics: Informática e fotografía
– Mnemotecnia. A arte de memorizar: Técnicas para aprender a memorizar.
– Deportes alternativos: Baile deportivo
– Actividades da Natureza: Reciclaxe, senderismo.
– Habilidades manuais: Manualidades
– Convivencia e Corresponsabilidade: Obradoiros de habilidades sociais e domésticas.
Concretamente, neste primeiro día, leváronse a cabo actividades de informática e bailes modernos.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



