O PSdeG de Barreiros esixe “explicacións inmediatas” pola dimisión de José Manuel Gómez Puente como deputado provincial, “só uns días despois de que se coñeza a reapertura da causa xudicial polo escándalo na xestión urbanística do PP de Barreiros”, na que se investiga un presunto delicto de prevaricación. Gómez Puente, tamén tenente de alcalde no municipio, está imputado na causa xunto co alcalde, Alfonso Fuente, outros dous concelleiros que formaban parte da xunta de gobierno en 2006 e a arquitecta municipal, pola concesión de 44 licencias de obra para construír unhas 3.100 vivendas.
Desde o PSdeG piden que “os máximos responsables do PP en Lugo dean a cara canto antes coas mesmas ansias coas que piden explicacións doutros temas sen a gravidade do de Barreiros noutras zonas da provincia”, e que aclaren se a decisión de Gómez Puente está relacionada coas consecuencias que poida ter para el o proceso xudicial ou con desavenencias deste no xeito de xestionar o escándalo urbanístico por parte do PP.




















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



