O PSdeG de Lugo denunciou este martes con probas gráficas o “inaceptable colapso” que está a vivir o HULA e esixe unha “solución inmediata” por parte da Xunta e a xerencia sanitaria. A deputada autonómica Concepción Burgo e o secretario provincial de Sanidade, Miguel Rodríguez Lois, amosaron imaxes que demostran o peche de tres plantas completas do hospital este verán, as de medicina interna, traumatoloxía e a de coidados paliativos e xeriatría, ademais de parte de xinecoloxía, o que fai que os profesionais teñan que usar zonas de observación e pasillos para ter aos pacientes por falta de camas. “Como lucense, nunca pensei ter que volver a ver a imaxe terrible e tercermundista de pacientes estancados nos pasillos como sucedía no antigo Xeral; agora non é por falta de espazo nun hospital novo e con infraestruturas suficientes, senón por unha xestión pésima que non devolve a tempos que parecían rematados”, lamentou Burgo.
Os socialistas levarán ademais ao Parlamento preguntas escritas, que segundo o regulamento deben ser respondidas polo Goberno autonómico nun prazo máximo de 20 días, para que expliquen cal é o número real de camas e servizos pechados. Por outra banda, critican que lles chegaron “numerosas denuncias” de persoas sobre o traslado de pacientes á sanidade privada, polo que preguntarán cantos pacientes teñen sido derivados este verán e “cal é o custo destas derivacións con cartos públicos que se lle dan á privada”. Asimesmo, presentarán unha proposición non de lei para que “nunca máis suceda esta situación” que se produce, din, “pola toma de decisións por parte da Consellería sen nin sequera consensualas cos profesionais sanitarios, que dan máis do 100% no seu traballo e están a facer máis do que poden para garantir a calidade asistencial”, a pesar de que “non se están a cubrir baixas nin hai susbtitucións nunha plantilla escasa”.
O PSdeG xa o denunciou no Arde Lucus e a Xunta “desmentiu o que é real”
O secretario provincial de Sanidade, Miguel Rodríguez Lois, lembra que o PSdeG de Lugo xa denunciou durante o Arde Lucus a situación do hospital. “A Xunta saíu inmediatamente a desmentilo, e agora vemos que o que diciamos é moi real; que non enganen á xente e digan onde están esas camas que afirman que están dispoñibles, cando hai persoas ingresadas en unidades que non lles corresponden e pacientes que deberían estar en planta e están colapsado urxencias porque non poden recibir a alta”, critica o socialista. Rodríguez Lois apunta que se non se están a dar casos de altas inadecuadas é “pola responsabilidade dos profesionais médicos, que están a traballar moi por riba das súas obrigas e poñen o paciente por riba de todo”.
Concepción Burgo incidiu na “nefasta xestión” da Xunta e preguntouse “como é posible que se peche a planta de xeriatría e coidados paliativos nunha das provincias máis envellecidas de España”. Asimesmo, indicou que as cifras “unha vez máis, apuntan a Lugo como a provincia que sempre é tratada como de segunda ou terceira categoría” para o goberno autonómico, xa que os números coñecidos “a falta de saber a verdade” falan do peche do 17% das camas na temporada de verán, “o máis alto de toda Galicia”.
Privatización de Electromedicina e Esterilización desde hoxe
Os socialistas advertiron asimesmo de que precisamente hoxe comeza “a nova xestión privatizada do mantemento de Electromedicina e Esterilización nos centros médicos de toda a provincia”, cun contrato cunha empresa privada que afecta a toda a comunidade, a pesar de que “a xestión estaba a levarse ata agora con persoal do Sergas” sen problemas. “Así é como empezou a privatización da sanidade noutras comunidades como Madrid, e este é o camiño ao que nos está a levar a Xunta”, afirmou Burgo, que instou aos responsables do goberno do PP a “explicar dunha vez cales son os seus plans ideolóxicos coa sanidade da provincia de Lugo e de Galicia”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



