A deputación acometeu melloras dentro do Plan de Rebacheo 2013 en máis de 1.000 quilómetros da rede viaria provincial. Un total de 50 operarios e 32 máquinas levan dende xuño traballando para acondicionar as estradas da provincia. O plan leva acometido melloras nunha vintena de concellos organizados por zonas segundo as necesidades de actuación. Deste xeito se realizaron tarefas de rebacheo en O Vicedo, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade, Vilalba, concellos que contan con 530 quilómetros de rede viaria provincial. Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna son outros municipios nos que se acometeron melloras nas estradas da Deputación, que suman 332 quilómetros en total. Nunha terceira zona se acometeron melloras nos concellos de Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil onde a rede viaria de titularidade provincial conta con 313 km de estradas.
Na actualidade, dentro do plan da Deputación, os operarios están a traballar en Guitiriz, Begonte, Abadín, Cervantes e O Saviñao.
Os traballos do Plan de Rebacheo da Deputación se prolongarán ata agosto para mellorar as comunicacións nos 67 concellos da provincia o qeu supón arranxos en máis de 1.500 quilómetros de estradas.
Importante investimento
O Plan de Rebacheo da Deputación supón un importante investimento por parte do organismo provincial que inviste nestas actuacións 5 millóns de euros. Hai que ter en conta que a rede viaria provincial é a máis extensa de España cun total de 4.200 kilómetros de estradas. A Deputación actuará con este plan de acción na totalidade da rede con intervencións en 3.200 quilómetros.
Outras accións anteriores do organismo provincial permiten o aforro de custes de mantemento. A Deputación empregou en 1.000 kilómetros de estradas aglomerado en quente, material que mantén en boas condicións os viais por máis tempo, o que permite reducir, ano tras ano, a superficie de estradas que é preciso arranxar.
Outras actuacións
O Plan de Rebacheo é unha actuación importante da Deputación na rede viaria provincial pero non é a única. No afán do organismo provincial por mellorar as comunicacións acometéronse nos últimos anos notorias actuacións como a sinalización e o balizamento das vías dos 67 concellos lucenses. Entre outras actuacións, destacan a colocación de máis de 3.400 sinais, un milleiro de paneis direccionais e 400 balizas de neve. Ademais a Deputación sinalou coa súa denominación mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede viaria provincial e instalou 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



