A actividade, que se celebra por primeira vez no concello, combinará probas de escape room, enxeño e creatividade no entorno do Castelo de Castrodouro
Alfoz, 28 de agosto, 2026. O Concello de Alfoz organiza o vindeiro 11 de setembro a primeira edición da Xincana da Creatividade, unha nova proposta de lecer dirixida tanto á mocidade como á poboación adulta, que terá como escenario o entorno do Castelo de Castrodouro.
A actividade desenvolverase entre as 19:00 e as 21:00 horas, cunha duración aproximada de 120 minutos, e combinará diferentes probas inspiradas nos escape rooms, con retos de enxeño, cooperación e creatividade que os participantes deberán ir superando en equipo.
A Xincana da Creatividade está especialmente pensada para participar en grupos de amigos ou en familia, favorecendo a colaboración entre persoas de diferentes idades. Poderán participar tanto novos como adultos e, no caso de que nun equipo haxa menores de 13 anos, deberá formar parte do grupo polo menos unha persoa maior de 18 anos.
A actividade, que se organiza por primeira vez en Alfoz, nace coa intención de ampliar as alternativas de ocio e ofrecer unha experiencia diferente, participativa e aberta a distintas xeracións.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, sinala que «queremos seguir incorporando propostas novas á programación municipal, neste caso cunha actividade que permita desfrutar xuntos a grupos de amigos e familias, independentemente da idade». Ademais, destaca que «o entorno do Castelo de Castrodouro é un escenario inmellorable para unha xincana destas características, na que haberá que traballar en equipo, pensar, investigar e, sobre todo, pasalo ben».
As inscricións estarán abertas do 31 de agosto ao 7 de setembro. As prazas son limitadas, polo que desde o Concello se anima ás persoas interesadas a formalizar a súa participación dentro do prazo establecido.
Con esta iniciativa, o Concello de Alfoz continúa apostando por unha programación de lecer diversa, interxeracional e participativa, ao tempo que pon en valor espazos emblemáticos do municipio como o Castelo de Castrodouro.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



