A portavoz socialista Rocio López afirma que os trámites para o cambio de titularidade se iniciaron no ano 2005, cando o goberno da Deputación estaba aínda en mans do Partido Popular. Por aquel entonces a señora Mari Fe era deputada provincial, e o señor Vidal era o alcalde de Lourenzá, nese tempo ningún dos dous se molestou nin o mais mínimo en firmar o convenio de cesión, o cal xa estaba listo, solo había que firmar. No ano 2007 cando chega o PSOE a Deputación o convenio seguía sen firmar “parece ser que 2 anos para firmar un papel non son suficientes, non lles coincidía de pasar por alí”. Agora estamos no ano 2013 e a Señora Emma (a alcaldesa non electa) empeza a preocuparse.
“Parécenos nefasto que a Sra. Emma ande a perder o tempo con papeleos e instancias na búsqueda dun titular para a estrada. Nos sempre dixemos que o titular era o Concello, e polo tanto, correspóndelle o Concello arranxar o vial. O único que está facendo con isto é gañar tempo para desentenderse do tema e que sexa outro o que cargue co mochuelo e asuma os custos de acondicionamento da vía. Se realmente lle preocupase a perigosidade que supón a estrada para os veciños dadas as malas condicións nas que se atopa solucionaría dunha vez por todas o problema, xa que ela mesma acaba de admitir que o denominado Camiño A é de titularidade municipal, por tanto o Concello é o responsable”.
Desde logo, a nos o PSOE os únicos que nos preocupan son os veciños deste concello, e preocúpannos todos por igual, que levan moitos anos a sufrir a incompetencia política dos seus mandatarios, eses que so se preocupan do que cobran e non dos proxectos que teñen para os seus veciños, e por desgracia, todos nos tocan os laurentinos.
A portavoz socialista diríxese a rexedora Emma Álvarez pedíndolle transparencia e coherencia nas súas declaracións e sobre todo nos feitos, non e vostede a mais indicada para falar de sectarismo político cando os tres grupos políticos acordamos por unanimidade nunha sesión plenaria dirixirnos a Deputación Provincial de forma conxunta para pedirlle un borrador dese convenio. “Explíquelles señora Enma Álvarez como o seu equipo de goberno, con vostede ó fronte xogou sucio facendo caso omiso dese acordo e presentou unha moción na Diputación dirixida única e exclusivamente dende o Partido Popular”.
É curioso que a nosa alcaldesa perdese de repente todo o interese por traspasar o vial xustamente agora que sabe que ten que arranxala para entregala en perfectas condicións. Con esta postura non se soluciona nada. Teremos que esperar a que algún outro organismo nos facilite os cartos e todo por culpa da mala xestión feita polo señor Vidal e pola mala xestión que estar a facer a señora Emma, pero isto non é estraño, nin é a primeira vez, so hai que recordar todos os cartos que este concello leva perdidos en subvencións por non pedilas e todas elas na época da Sra. Emma como flamante deputada autonómica, que por certo, e todo hai que dicilo, pasou sen pena nin gloria polo Parlamento de Galicia.