CERVO, 18 DE XULLO. Os socialistas de Cervo denuncian o estado dos accesos á Praia de Cubelas, “é unha pena comprobar a situación das escaleiras de acceso a este areal, se as podemos denominar así, que é difícil. En pleno mes de xullo, nin os cervenses nin os nosos visitantes merecen ver as nosas praias desta maneira”.
Dende o Grupo Municipal Socialista advirten que “os accesos a Cubelas son un auténtico perigo para os usuarios. Esixímoslle ó goberno que arranxe canto antes estes falsos escalóns antes de que teñamos que lamentar algún accidente”.
Ademais dos accesos, engaden que “a falta de interese polas nosas praias é total. Non se preocupan en todo ano de ter todo a punto para lograr distintivos como as bandeiras azuis que recoñecen a calidade dos areais, e moito menos se molestan da súa conservación en plena época estival. Nestes días, non é difícil atopar plásticos e outros desperdicios ó longo da area”.
A pesares de todo, os socialistas insisten en que “teñen a pouca vergonza de seguir enganando públicamente ós veciños e visitantes. A páxina web do Concello segue asegurando que contamos con tres praias con bandeira azul cando levamos xa dous anos sen lucir ninguna”.
Subliñan que a desidia e deixadez deste goberno chega a tal punto que “denunciamos o caso hai máis dun mes e nin se dignaron a poñer ó día esta información. Iso sí, seguímoslle a ingresar a unha persoa mensualmente 1.900 euros polos traballos de redacción e actualización da dita web. Unha auténtica tomadura de pelo para todos nós”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



