Cervo, 2 de xullo de 2013-A edil de Emprego, Yolanda Pedreira, lamentou este martes 2 de xullo que o grupo municipal socialista “descubra agora” que o Concello de Cervo pon en marcha un Plan de Fomento do Emprego Xuvenil, especialmente “despois de levar seis meses falando deste asunto nos medios de comunicación e facendo múltiples chamamentos á mocidade titulada para animalos a participar”. Pedreira considera unha “mágoa” que o PSOE cervense “non teña ningunha preocupación polo emprego xuvenil” e mostra diso é que “neses seis meses nunca se interesaron por coñecer este plan de emprego”.
“Se os socialistas tivesen a máis mínima preocupación polo emprego saberían que existe este plan, que levamos meses contactando cos mozos e coas mozas que cumpren os requisitos, que hai 35.000 euros consignados no orzamento para este ano e que hai un convenio asinado con FEUGA que está no Rexistro Xeral do Concello e que poden consultar cando queiran” manifesta a edil, aínda que “xa se nota que levan tempo sen consultar o Rexistro”.
Pedreira reitera que “este plan é para todos os mozos e mozas titulados do Concello de Cervo e que, como xa dixemos en múltiples ocasións, toda xuventude do municipio que cumpra os requisitos fixados no convenio con FEUGA obterán unha bolsa formativa”.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



