O Seminario de Estudos do Valadouro presentarán os dous primeiros Cadernos do Seminario, editados co patrocinio da Deputación Provincial, o sábado 13 de xullo na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro a partir das 20:00 horas. “As luces do Castelo”, de Manuel Lourenzo, é unha peza de teatro ambientada no Mercado Medieval de Alfoz, entorno ó Castelo do Castro de Ouro, realizado na área de Arte do Seminario de Estudos do Valadouro. “Ditos e refráns do Valadouro”, de Lionel Rexes Martínez, é un estudo que recolle os ditos e refráns máis populares das terras do Valadouro, realizado na área de área de Sociedade do Seminario de Estudos do Valadouro. A presentación será conducida por Xabier Pardiñas Súarez, presidente do Seminario de Estudos do Valadouro, e tralo acto poñeranse a disposición dos asistentes os cadernos presentados.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



