Foz, 18 de xullo de 2012. O porto de Foz acolleu, na tarde deste xoves, a presentación da 51ª Travesía “Ría de Foz”, que organiza o Club Kayak de Foz e a Federación Galega de Piragüismo en colaboración coa área de Deporte da Deputación de Lugo, e que terá lugar o vindeiro 25 de xullo. O nacionalista Antonio Veiga, vicepresidente da institución provincial e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, Nacho Romillo, presidente do club organizador, e Javier Castiñeira, alcalde de Foz, participaron na presentación desta cita deportiva.
Na súa intervención, Veiga explicou que “estamos ante a segunda travesía máis antiga de Galiza, e a terceira máis antiga do Estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño e, polo tanto, é unha das citas máis importantes do calendario mariñao”.
Ademais, o vicepresidente da Deputación destacou “que esta travesía vai máis alá dun mero evento deportivo e convértese nun elemento de atracción turística para o concello, pois, como en edicións anteriores, serán moitas as persoas que se acheguen á vila para presenciar a regata”.
A partir das 17:30 horas do vindeiro xoves, 25 de xullo, disputarase a 51ª Travesía “Ría de Foz”, dentro da XVIII Copa Galega de ríos e travesías, na que se espera participen todos os equipos inscritos na Liga Galega de Piragüismo, o que se traduce en máis de medio centenar de padexeiras e padexeiros, distribuídos nas categorías sénior, júnior, cadete e veterana. Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e para os tres primeiros clubs, que se entregarán ao finalizar a regata.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
