Lugo, 11 de xullo de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, inaugurou, xunto con Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, a exposición na que se recollen os proxectos desenvoltos polos creadores que participan na Residencia I do programa Estudio Aberto, un programa que se organiza no marco do proxecto Enredarte. A mostra estará aberta ao público, na sala de exposicións do Pazo de San Marcos, ata o vindeiro 28 de xullo.
Durante a súa intervención, Mario Outeiro destacou a calidade dos proxectos presentados e explicou aos asistentes os traballos cos que se van atopar: “as creacións con lápis de Reme Remedios, a pintura a través da fotografía de Gema López, a pintura e a escultura de Loamrti, o debuxo en continuo na montaxe de 20 metros de Senén Olano, así como as montaxes de Isabel Alonso e Ruth Montiel”.
Este é o resultado da primeira das dúas residencias que se van a desenvolver este verán. A próxima comezará a principios de agosto e contará con outros seis artistas que exercen distintas disciplinas, seleccionados rigorosamente por un xurado de profesionais da arte e que, ao igual que nesta primeira, convivirán nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto.
Neste sentido, o delegado de Cultura precisou que “coa posta en marcha desta iniciativa, a área de Cultura da Deputación ofrece unha plataforma artística para creadores de distinto carácter e de diversas disciplinas. En definitiva, un estudio aberto tanto para a sociedade como para outros artistas, así como críticos, comisarios e expertos neste eido”.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



