Ribadeo, 13 de xullo de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, amósase satisfeito pola aprobación provisional do PXOM de Ribadeo que tivo lugar no pleno celebrado o venres 12 de xullo. O documento contou con 11 votos a favor e dúas abstencións. O rexedor recoñeceu o traballo realizado por todos, lembrou que estivo exposto ao público en dúas ocasións e que o 61% das alegacións presentadas foron estimadas. Agora o PXOM será remitido á Xunta para que o informe e será colgado na web do Concello para que poida ser consultado polos interesados e interesadas.
O rexedor declarou que “se trata dun feito moi importante para o Concello de Ribadeo o pleno que celebramos onte, onde acordamos a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Despois de máis dunha década dun planeamento municipal vixente en época predemocrática, porque era o plan de 1977, por fin en Ribadeo demos un paso fundamental para ter un plan moderno e adaptado ás normas contemporáneas, tanto as estatais como autonómicas”.
Fernando Suárez recoñeceu que “foi un traballo longo, tedioso e complexo tanto do goberno municipal como do resto dos grupos políticos con presenza na Corporación. Agora unha vez aprobado provisionalmente e que remata aquí a fase municipal a Xunta ten a última palabra e non cabe ningunha dúbida que vai poñer reparo porque así o fai en todos os plans, pero o paso dado permítenos albiscar a luz ao final do túnel”.
O alcalde ribadense quixo “dar os parabéns a todas e todos os que neste pleno, concelleiros e concelleiras tanto do goberno municipal como dos grupos da oposición, que deron o apoio á aprobación provisional do PXOM porque en definitiva foron 11 votos a favor e dúas abstencións”. Fernando Suárez pensa que “Ribadeo ben o merece e hai que ter en conta a parte importante de alegacións que xerou este proceso de exposición pública modélico que tivemos. Hai que lembrar que houbo dúas exposicións públicas, a última delas a mediados do ano 2012, con charlas técnicas dadas pola empresa redactora e polos técnicos municipais, día tras día durante dous meses atendendo ao público que quixera ter información sobre o resultado do plan e de aí esas 560 alegacións das que un 61% delas foron estimadas ben totalmente ou parcialmente e un 39% foron desestimadas. É unha altísima estimación das alegacións e agora con isto feito agora quedan dúas cousas”.
O rexedor anunciou que “a principios da vindeira semana, coa acta do pleno redactada levarémola xunto co PXOM á Xunta de Galicia, que dispón de tres meses para informalo. E tamén colgaremos na páxina web do Concello o plan tal e como o acabamos de aprobar para que todos os interesados e interesadas poidan ver o resultado das súas alegacións sen prexuízo de iren ao Concello onde lles daremos toda a información que precisen. Coido que Ribadeo ben merece este acordo case unánime que entre todos sacamos adiante”.






















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



