O sábado 20 de xullo ás 20.30 horas na Praza da Fontenova terá lugar a representación da obra “O Capricho do Teatro” da man da compañía Os Quinquilláns, unha montaxe ao redor da obra de Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas e que é unha das figuras máis representativas do noso teatro. A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade. Para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer estival. Nesta ocasión, a compañía Os Quinquilláns achegarannos ás diferentes facetas do mundo teatral. Unha representación interactiva na que se contará ca participación do público, que entrará a formar parte dun elenco puntual. No caso de que ameace choiva a representación trasladarase ó Conservatorio de Música de Viveiro.
Teatro nas rúas do Casco Histórico de Viveiro
Teatro nas rúas do Casco Histórico de Viveiro
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo