Santiago, 5 de xullo de 2013.- Un grupo de informadores especializados dos medios de comunicación arxentinos Clarín, Cuisine et vins, Lugares e Travel Magazine realizaron unha viaxe de familiarización antes do verán no marco dun presstrip da marca España Verde na que se inclúe Turismo de Galicia. Os xornalistas percorreron algúns dos recursos turísticos máis relevantes da comunidade galega entre os que se atopaba a praia das Catedrais, ademais de realizar unha ruta pola Mariña Lucense visitando outros enclaves como Viveiro.
Tamén Viveiro foio obxecto dunha reportaxe promovida por Turismo de Galicia e realizada pola xornalista do Sunday Telegraph, Anne Bennet, que elaaborará un artigo sobre a vila e as singularidades e recursos turísticos da zona para a súa sección Secret Seaside.
Xornalistas e medios de comunicación están a realizar reportaxes tamén promovidas en colaboración con Renfe dende Turismo de Galicia para difundir a ruta turística en tren que recibe o nome de Ruta dos Faros e que ven de poñerse en marcha por primeira vez na comunidade. A ruta parte os sábados dende Ferrol e para en Ortigueira e O Barqueiro ata chegar a Ribadeo e os domingos realiza o proxecto inverso. Dá a coñecer aos turistas de xeito cómodo e contando cun guía especializado durante todo o percorrido enclaves mariñáns como Ribadeo, o Faro de Illa Pancha e a Praia das Catedrais. As rutas turísticas en tren que se puxeron en marcha en colaboración con Renfe inclúen tamén o Tren Al-Andalus; o Tren da Ruta da Camelia e mais o Galicia Rail Pass.
As Catedrais na nova campaña de Turismo
A imaxe da praia das Catedrais figura entre as creatividades da nova campaña de Turismo de Galicia, Galicia, o bo Camiño. Baixo este claim e coa mensaxe ‘Se os queres, recoméndalles Galicia’, a imaxe deste recurso turístico figura nas creatividades da campaña que neste momento se pode visualizar nos medios galegos e nacionais.
Axudas para contratación de persoal en oficinas de turismo dos municipios turísticos
Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro e Foz son os Municipios Turísticos da Mariña cuxos Concellos poden optar por primeira vez este ano ás axudas para a contratación de persoal para as Oficinas de Turismo dos concellos durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O obxectivo desta convocatoria é manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios coa devandita declaración estimulando a contratación de persoal de xeito que se potencia a imaxe tanto dos Municipios Turísticos de Galicia como de toda a comunidade no exterior.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



